En primeiro lugar, o proxecto analizará a conducta (in)sustentable no lugar de traballo, poñendo a énfase nos factores que determinan esta conducta nas 6 organizacións obxecto de studio. As conclusions se utilizarán como input para o deseño de modelos baseados en a-xentes que persiguen clarificar as interaccións entre actores relevantes, e proporcionar ideas sobre as condicións necesarias para acadar unha transición cara a unha Europa máis baixa en carbono. Aínda que a énfase do proxecto se fai sobre a conducta no traballo, se analizarán tamén as conexións entre as prácticas no traballo e outras areas da vida. O deseño dos modelos se utilizará tamén como input para a xeración de escenarios back-casting que crearán as organizacións estudiadas. Esto permitirá a realización de mellores prediccións e descripcións detalladas sobre cómo promover condicións de sustentabilidade no traballo.
|
Cuestións a abordar en LOCAW
- Cómo actúan as conductas e prácticas no traballo para seren barreras ou potenciadores de cambios cara a traxectorias de conducta baixa en carbono ao nivel individual, organizacional e societal
- Cómo é que funcionan as normas ambientais europeas na práctica?
- Cómo inflúen as demandas do mercado e as presións dos grupos sociais na xestión das prácticas cotiáns no traballo?
- Cómo fan as organizacións para crear barreiras ou potenciar a implicación individual en prácticas sustentables no marco das actuais políticas ambientais da UE?
- Cómo fai a xente para conectar un área da súa vida con outra?
- Qué conflictos e barreiras aparecen para a cooperación entre os que toman decisions e os empleadores e organizacións sociais na implementación de prácticas sustentables no traballo?
- Qué exemplos existen sobre boas prácticas de sustentabilidade no traballo e en qué condicións xurden?
|