ENG | ITA | ROM | SVE | ESP | GAL     

Enfoque


O cotiá como obxecto de investigación

LOCAW estudiará as rutinas e rituais da vida cotiá, definidos como prácticas asumidas como obvias que se repiten continuamente. É ún dos primeiros studios que examina explícitamente as prácticas e conductas sustentables no lugar de traballo en diferentes países da Unión Europea e en diferentes tipos de organizacións.
 

A interacción entre o interés, a conciencia e a acción pública

Aínda que creemos que o cambio climático está recoñecido universalmente como unha realidade preocupante, existen variacións na maneira de concebilo e de debater sobre elo, incluso en Europa. Aínda que existe preocupación, non sempre se traduce en accións. A ísto se refiren os expertos ambientais e os politicos como o “gap Valor-Acción”. Pode ser o resultado da necesidade de proporcionar información máis clara e simple. Noutros casos, a preocupación ambiental pode non traducirse en accións específicas debido ao alto coste (en tempo, esforzos ou cartos) de tales accións. Asímesmo, pode deberse a que a xente atopa o cambio como algo ameazante – para eles mesmos, as súas familias, os traballos, ou os seus estilos de vida. LOCAW adoptará unha perspective distinta e centraráse nas prácticas cotiás no lugar de traballo, e na interacción de barreiras e potenciadores de conducta sustentable a diferentes niveis: estructural, organizacional e individual.
 



Factores estructurais que inflúen na conducta sustentable

Obsérvase que as organizacións carecen ás veces dun entendemeto claro das complexidades da sustentabilidade. Ísto débese a miudo a deficiencias na xestión da comunicación e a información, á carencia de formación apropiada, ou ao fracaso na vision de que as prácticas de sustentabilidade poden ser rentables e ter bó balance final. Esta investigación centraráse na identificación das boas prácticas e oportunidades para xestores e na intensificación de prácticas sustentables entre os traballadores, e examinará si a implicación corporativa coa sustentabilidade promove conducta proambiental no lugar de traballo, suxerindo a necesidade de introducir valores de sustentabilidade dentro da lóxica interna de producción e os procesos de adopción de decisions.
 

Factores individuais que inflúen na conducta sustentable

LOCAW estudiará factores sociais e individuais, tais como: a) Coñecemento — que predice moitas conductas proambientais; b) Motivación — importante para o entendemento das intencións e a vontade para actuar de xeito responsable; e c) Capacidade — Importante no estudio da percepción de factores estructurais e organizacionais; d) Solidariedade — que proporciona oportunidades para acción social colectiva e) Resistencia — crítica para comprender as barreiras ao cambio social, ambiental e organizacional. LOCAW centraráse nas interaccións complexas entre éstes e outros factores, para proporcionar un cadro máis completo das barreiras e potenciadores de sustentabilidade no traballo.
 


<< back

Umea University Universidade da Coruña Universitatea de Vest UNiversity of Surrey The James Hutton Institute University of Groningen CIRPA European Union Enviroment Seventh Framework Programme
Project Management | Privacy Policy | Webmaster | Locaw-fp7 Logo