Modelado de Axentes e Organizacións para acadar unha Transición cara a unha Europa máis Baixa en Carbono
|
O Proxecto LOCAW supón unha resposta á convocatoria ENV -2010-4.2.3.1 “Previsión para intensificar cambios conductuais e societais activando a transición cara a traxectorias sustentables en Europa”, e desenvolve “unha análise das barreiras e potenciadores para implicarse individualmente (tendo en conta a diversidade de estilos de vida), a nivel de organizacións individuais, e colectivamente (organización da sociedade e da
economía)” en traxectorias sustentables e baixas
en carbono, así como para contribuir ao
“desenvolvemento de escenarios e exercicios de
back-casting que identifiquen potenciais traxectorias
de implicación en esforzos integrados para
apoiar a transición cara a unha Europa máis
sustentable”. |
LOCAW proporcionará unha análise das prácticas cotiáns no lugar de traballo, así como dos factores que promoven ou obstaculizan a transición cara a patrons sustentables de producción e consumo. LOCAW examinará grandes organizacións en seis países diferentes, tanto do sector publico como do sector privado, e tanto de sectores da industria pesada como da máis light.
A investigación está financiada polo 7º Programa Marco de I+D+i da Unión Europea, e o seu orzamento ascende a 1,9 millóns de euros, distribuido entre estas Universidades.
O cotiá como obxecto de investigación: LOCAW estuda as rutinas e rituais da vida cotiá, definidos como prácticas asumidas como obvias que se repiten continuamente. É un dos primeiros estudos que examina explicitamente as prácticas e condutas sostibles no lugar de traballo en diferentes países da Unión Europea e en distintos tipos de organizacións.
DESCARGUE AQUÍ O DÍPTICO LOCAW
|